Publicidad:
Terra
La Coctelera
0

Programa 29 de Outubro

Tonio's World (xenro de Zequiel)

Como xa saberedes, Tonio leva unha vida moi relaxada debido ós seus problemas de corazón. A súa maior aventura cada día é poñer a mesa e ver o "Sifras e letras"

Boomp3.com

Producciones Tripode.

Os amigos de Producciones Trípode veñen de conseguir un novo premio no concurso Curtas na Rede (xa van dous consecutivos) polo seu trailer 404. A nosa máis sincera noraboa!

Boomp3.com

0

Programa 27 de Outubro


Miguel e Bala.

Foi o momento estrela do noso programa. Miguel Carvajal e Bala acadaron o pasado sábado 25, a clasificación para o mundial de Raids Hípicos que se celebrará en Francia o próximo verán. Dende a Galería de Radio Estrada seguimos con entusiasmo os seus logros.

Boomp3.com


Escola de Teatro Municipal.

Tamén pasou polo noso programa Xosé Lueiro, director da Escola de Teatro Municipal, xa que nos vindeiros días comeza o novo curso.

0

Programa 21 de Outubro

Zequiel's world
Habitualmente é Zequiel o que nos colle o teléfono, pero como hoxe chamamos un pouquiño antes, enfadouse con nós e tivo que atendernos o seu xenro, Tonio. Tal para cual.

Boomp3.com

Escola de Nais e Pais
Fuco Reyes, psicólogo do concello, comeza un ano máis a súa colaboración "Escola de Pais". Podes escoitar de novo a súa primeira intervención.

Boomp3.com

Non ó botellón
A colaboración de Fuco despertou o interés dos oíntes. Aquí tendes a chamada dunha persoa moi enfadada co asunto do botellón.

Boomp3.com

0

Programa 20 de Outubro

Zequiel's World

Un día máis aquí tendes a chamada do noso amigo Zequiel. ¿oístes algunha vez a alguén estirarse en antena? si, si. Tal cual.

Boomp3.com

Día mundial contra o cancro de mama

Onte día 19, celebraronse en todo o mundo, distintas actividades para concienciar á sociedade da importacia da prevención e o diagnóstico precoz desta enfermidade. Hoxe falamos con Lina Fernández, de ADICAM: Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama.

Boomp3.com

0

Programa 16 de Outubro

Zequiel's World

Unha vez máis, aquí tendes a chamada de Zequiel. A conversa é tan variada que vai desde a venta dun 127, pasando polo sexo na praia ata chegar ó presentador Javier Estrada. Tal cual...

Boomp3.com

Brincando con Rufo

Tamén falamos da nova actividade que Cáritas Parroquial levará a cabo no Concello da Estrada: Rufo, un trasno que fará as delicias dos nenos estradenses.

Boomp3.com

Concerto de acordeón

Manuel Olegario é un acordeonista que estará o día 23 na nosa vila para ofrecer un concerto no Teatro Principal ás 19:00hrs. Juan Ruibal pasou pola emisora para contarnos os detalles do evento.

Concellos Saudables

Como cada xoves, Clara Torres de Concellos Saudables, tivo o seu espazo na Galería de Radio Estrada. Desta volta trouxo unhas fantásticas Pirámides Alimenticias. Se queres a túa, pasa polo terceiro andar da Casa do Concello.

Boomp3.com

0

Programa 15 de Outubro

Xa fai un par de semanas que xuntamos arredor de 1.600€ para Juanma. Agora vémonos na obriga de atender unha iniciativa das distintas asociacións de empresarios da nosa vila para axudar ós Saharauis, que debido á crise económica internacional están pasando por un momento moi duro: sen recursos e durmindo ó raso.

Falamos con Juan Soutelo, coordinador de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e con Mohamedu, Subdelegado en Galicia do Pobo Saharaui.

Boomp3.com

Boomp3.com

Protección Civil

Polo noso programa tamén pasou Manuel Gonzalez (Chispa) do grupo de Cans de Rescate de Protección Civil da Estrada, xa que recentemente acadou a Homologación para o seu can ZOE, un fermoso exemplar de Labrador de 3 anos.

Boomp3.com

Zequiel's World

Non perdas a ocasión de recordar a chamada de Zequiel. ¿o motivo da chamada? que máis terá...

Boomp3.com

0

Programa 8 de Outubro

Fai exactamente un ano que arrancaba o pacto de goberno entre o PSdG e o BNG. No programa de hoxe buscamos as valoracións dos distintos partidos políticos da Estrada. Os primeiros foron Xosé Manuel Reboredo (CIDEGA) e Xosé López Campos (PPdG), mañá pasarán polos nosos estudos, Raquel López (BNG) e o alcalde José Antonio Dono (PSdG)

Debido a un problema informático de última hora, únicamente podemos "colgar" a entrevista con Reboredo. Vaian por diante as nosas disculpas.

Boomp3.com

0

Programa 7 de Outubro

Hoxe falamos con Mario López, técnico de turismo do concello de Forcarei, porque o vindeiro 19 de outubro, celébrase neste concello a I Xuntanza de Clubes de Montañismo e Sendeirismo de Galicia.

A ruta percorrerá a zona da serra do Candán. Haberá xantar de confraternidade totalmente gratuito. Ademáis contarán coa presenza dun persoeiro moi famoso no mundo do deporte.

Boomp3.com

Foto: Nacemento do Lerez na Serra do Candán.

Tamén conversamos con Manuela, coordinadora de Cruz Vermella, que nos contou os detalles do curso de Español para Inmigrantes que levan a cabo na nosa vila, tódolos días de 8 a 9.30 da noite.

Boomp3.com