É a polémica da xornada.

O alcalde de Caldas de Reis négase a retirar unha fonte pública feita cun busto do Xeneral Franco.

Juan Manuel Rey, está contento coa polémica suscitada pola inauguración desta fonte, porque axuda a "difundir o Cultura Quente", do que forma parte a obra.

A fonte é obra do artista Fernándo Sanchez Castillo, e deixou "indiferente" á mayoría dos habitantes de Caldas.

O compañeiro Fran Campos falou con Juan Manuel Rey para os nosos micrófonos.

Na segunda hora de programa entrevistamos a Hevel & Rayel, que pasaron polo programa para presentar o seu novo disco.

Na chamada do día falamos co Padre Merino, que o vindeiro venres levará a cabo as súas Accións Misioneiras Evanxélicas Nocturnas (A.M.E.N.) no teleclube de Callobre.