"Véndese ou alúgase, con experiencia. A bo prezo"

No mercadiño de Radio Estrada podes atopar de todo. Hoxe falamos cun oínte que nos mandou un anuncio para vender ou alugar certo obxeto...

Tamén falamos cos amigos da Asoc. "Salva o tren", que estes días teñen que facer gardas no concello de Portas para que o Ministerio de Fomento non desmonte as vías do tren rexional que tantos beneficios aportou a esta vila. Non perdas a conversa mantida con Fernando Gómez, coordinador xeral.

Hai veciños na Estrada que non seleccionan ben o lixo. Sobre este problema falou con nós Manuel Otero Espiño, concelleiro de medioambiente.

Un dos momentos máis divertidos do día, foi cando Manolo de Cacheiras nos ofreceu o seu televisor SAYO a cambio da botella de Oporto Vintage. Non ten desperdicio