Chamada do día

Gerundina é unha das locutoras máis coñecidas de Radio Estrada, o que pasa é que está de vacacións. Chamou ó programa para agradecerlle ós oíntes as adicatorias que lle fan cada día.

Colectores para o aceite.

Hoxe falamos con Manuel Otero Espiño, concelleiro de medioambiente. Os temas da conversa xiran en torno ó bombeo diario de máis de 15 horas de auga dende o Liñares, as novas papeleras e os colectores de aceite usado, que nun futuro próximo se instalarán na nosa vila.

Xabón de Aceite.

Seguindo co tema do aceite usado, hai xente que o tira polo vertedeiro (culo, culo) hai quen o tira nos contedores verdes (mal feito) e hai quen fai xabrón ecolóxico que ademáis é moi bo para a pel.

Escoita a conversa con Ángeles, unha veciña de Soutelo de Montes que se adica a reciclar o aceite usado e convertelo en xabrón.