Cada día contamos coa colaboración de Mercedes Cuíña, directora xerente da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, para contarnos o que vai acontecer ó longo da xornada na XXII Feira do Moble de Galicia.
O Luns falabamos con Nemesio Rey, no seu papel de mobleiro acerca do seu stand de Lani Rey. e tamén no seu papel como presidente da Asociación Estradense de Fabricantes.
Era o Martes cando Miguel Carbajal se achegaba ó noso estudio da Feira do Moble para contarnos cómo se sinte despois de quedar 1º no Campionato Galego de Raid Hípico. ¡Noraboa Miguel!
Tamén o Martes era día de tortilla. Nesta ocasión o Restaurante "As Pontes" nos achegaba unha riquísima tortilla con polvo, a cal non tivemos tempo nin de darlle a probar ós visitantes da feira... ¡Damos fé de que está riquísima!
Onte mércores estivo con nós a gañadora do Concurso de Carteis deste Ano, Alba Souto. Ela é a deseñadora do cartel da XXII Feira do moble de Galicia.
Tamén se achegou a xunto nosa o dono de Exclusivas Villares, Isaac García, un stand que se atopa xusto ó lado do noso e no que ademáis de outras cousas, o que máis destacan son os seus sillóns de masaxe.
As mozas de ThermoMix tamén estiveron con nós para contarnos o ben que funciona esa máquina que cociña de todo.
Témoslles que agradecer a demostración do chocolate que nos deron a probar.

Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados